Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43881

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (237/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 237/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Bruno Sancho Piñeiro, contra a empresa Grace Antonia Nouel Brache, sobre reclamación de cantidade, se ditou auto e decreto con data do 8 de outubro de 2013, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Parte dispositiva do auto.

«Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza ditada no procedemento ordinario 243/2012 a favor da parte executante, Bruno Sancho Piñeiro, fronte a Grace Antonia Nouel Brache, parte executada, por importe de 6.915,96 euros de principal, máis 549,49 euros de xuros de mora e de 746,54 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros, gastos e custas que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Non despachar execución contra Grialibros, S.L., por estar en concurso, que se tramita ante o Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña.

Este auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, no DOG. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos orzamentos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta en Banco Español de Crédito, conta nº 0030 1846 42 0005001274, debendo indicar no campo concepto, “Recurso” seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-Reposición”. Se efectuara diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os seus organismos autónomos.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A secretaria xudicial».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo: acumular esta execución número 237/2013 ás execucións seguidas neste órgano xudicial co número 185/2012 e acumuladas.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a súa interposición teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Grace Antonia Nouel Brache, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2013

A secretaria xudicial