Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43884

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (245/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 245/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Luis Montero Ares contra a empresa APV Motor, S.A., Autos 33, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Jesús Luis Montero Ares fronte a APV Motor, S.A., Autos 33, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L., parte executada.

Notifíquese ás partes e á executada por medio do DOG, e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte executada se poida opor ao despacho da execución nos termos previstos no artigo 556 da LAC e no prazo de dez días contado desde o seguinte ao da notificación deste auto.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/A maxistrado/a xuíz/a O/A secretario/a xudicial».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a APV Motor, S.A., Autos 33, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2013

A secretaria xudicial