Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43874

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (822/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos por instancia de Lorena Martínez Marcote contra Zozo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou auto de aclaración de sentenza en data 18.10.2013, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Parte dispositiva.

O maxistrado xuíz acorda: aclarar a sentenza e, en consecuencia, o encabezamento, antecedente de feito primeiro, feito probado primeiro e ditame da sentenza quedarán do teor literal seguinte:

Sentenza.

A Coruña, 1 de outubro de 2013.

Nicolás E. Pita Lloveres, xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 822/2012, acumulados aos seguidos no Xulgado do Social número 2 da Coruña, co número 1067/2012, sendo parte neste, dun lado, como demandante, Lorena Martínez Marcote, asistida pola letrada Sra. Noya Rey, e doutra, como demandada, a empresa Zozo, S.L., que non comparece, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que tampouco comparece, sobre resolución de contrato e despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Lorena Martínez Marcote presentou en data 1 de xullo de 2012 ante o xulgado decano demanda sobre extinción de contrato, que foi repartida a este xulgado o 1 de agosto do mesmo ano, na cal, despois de expor os feitos e fundamentos que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza pola cal se declare que a empresa lle debe á traballadora as cantidades reclamadas en demanda, e condenar ao seu aboamento, así como a que resulte en concepto de indemnización, o que deu lugar aos autos número 822/2012 seguidos neste xulgado.

Feitos probados.

Primeiro. Lorena Martínez Marcote vén prestando servizos para a empresa Zozo, S.L. con antigüidade do 1 de xaneiro de 2006, coa categoría de contable, percibindo un salario mensual, con inclusión da parte proporcional das pagas extraordinarias, de 887,86 euros, debendo aboar, conforme o convenio colectivo, un salario de 33,48 euros mensuais.

Ditame.

Estímanse as demandas interpostas por Lorena Martínez Marcote fronte a Zozo, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento da demandante con data de efectos do 14 de setembro de 2012.

– Declárase extinguido, con data da presente resolución, o contrato que une a demandante con Zozo, S.L.

– Condénase a Zozo, S.L. a aboarlle á demandante as seguintes cantidades:

• 11.132,10 euros en concepto de indemnización.

• 12.822,84 euros en concepto de salarios de tramitación.

• 4.582,13 euros en concepto de salarios pendentes de pagamento, devindicando o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Así o acorda e asina. Dou fe.

O maxistrado xuíz. A secretaria xudicial».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Zozo, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 21 de outubro de 2013

A secretaria xudicial