Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43869

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (619/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 619/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Díaz Prieto contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Resolución:

Estímase a demanda interposta por José Manuel Díaz Prieto fronte a Esabe Vigilancia, S.A., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, condénase a empresa demandada a aboar ao demandante a cantidade de 491,87 euros.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 22 de outubro de 2013

A secretaria xudicial