Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43868

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes

EDICTO (75/2013).

Sandra María Iglesias Barral, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 dos de Ordes, fago saber que neste xulgado e co número 75/2013 se segue por instancia de José Manuel Sánchez Fariña expediente para a declaración de ausencia de Manuel Sánchez Caamaño, natural de Ordes, con domicilio no Mesón do Vento, número 3, nacido o día 19.3.1929, fillo de Antonio e de Esperanza, quen se ausentou do seu último domicilio no Mesón do Vento, número 3. Non se teñen noticias del desde o 2 de febreiro de 2008 e ignórase o seu paradoiro. O que se fai público para que os que teñan noticias do desaparecido poidan poñelas en coñecemento no xulgado.

Ordes, 12 de abril de 2013

A xuíza

O/a secretario/a xudicial