Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43870

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 651/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 651/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Moisés José Varela Varela contra a empresa Anaurugu, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Ditame.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Moisés José Varela Varela fronte á empresa Anauguru, S.L., con intervención do Fogasa, e en consecuencia debo condenar e condeno a parte demandada a que lle aboe á parte demandante a cantidade de 2.572,42 euros.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que na mesma data da sentenza se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. A seguir, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Anauguru, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 22 de outubro de 2013

A secretaria xudicial