Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43718

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2420/2013).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2420/2013 MDM.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 677/2012 Xulgado do Social número 2 de Lugo.

Recorrente: Eduardo Zurita Ropero.

Avogada: Iria Romero Rivas.

Recorrido: Vilaboa Hispania, S.L.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 2420/2013 desta sección, seguido por instancia de Eduardo Zurita Ropero contra a empresa Vilaboa Hispania, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Ditaminamos: que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Iria Romero Rivas, en nome e representación de Eduardo Zurita Ropero, contra a sentenza de data catorce de novembro de dous mil doce, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Lugo, en autos seguidos por instancia do recorrente contra a empresa Vilaboa Hispania, S.L., sobre despedimento, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro Público. Os termos, condicións e contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (devindicación da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro.

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Vilaboa Hispania, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de outubro de 2013

A secretaria xudicial