Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43716

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3467/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3467/2011 MFV.

Xulgado de orixe/autos: demanda 745/2010 Xulgado do Social número 3 de Pontevedra.

Recorrente: Carlos Javier Abalo Bóveda.

Avogado: Adonis Alcalde Vicente.

Procurador: José Martín Guimaraens Martínez.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Dismarga, S.L., Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa.

Avogados: letrado Seguridade Social/DOGA (empresa)/Juan Carlos Vázquez García.

Procuradores: (...), (...), Concepción Pérez García.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3467/2011 MFV desta sección, seguido por instancia de Carlos Javier Abalo Bóveda contra a empresa INSS-TXSS, Dismarga, S.L., Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Carlos Javier Abalo Bóveda contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 Pontevedra, do 28.2.2011, en proceso sobre incapacidade permanente, promovido polo recorrente contra o INSS, TXSS, Mutua Fraternidade-Muprespa e Dismarga S.L., e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto, co número 1552, e deberá indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou localizacións, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Dismarga, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 14 de outubro de 2013

A secretaria xudicial