Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43607

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (924/2011).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 924/2011 por instancia de Teresa Pena Grandío contra a empresa Ingesan, S.A.U., a empresa Amalis, S.A. e a empresa Facility Services, S.A.U., sobre reclamación de cantidade, nos cales recaeu sentenza con data do 10.10.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Desestímase a demanda interposta por Teresa Pena Grandío contra Ingesan, S.A.U., Amalis, S.A. e ISS Facility Services, S.A.U., e absolvo as citadas empresas das pretensións exercidas contra elas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Amalis, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 17 de outubro de 2013

A secretaria xudicial