Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43608

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (5/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 5/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mercedes Rozada Molde contra a empresa Aula Laboral 2005, S.L., Administración concursal de Aula Laboral 2005, S.L., coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza, con data do 2 de outubro de 2013, cuxa resolución di literalmente:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Mercedes Rozada Molde contra a empresa Aula Laboral 2005, S.L. e a Administración concursal de Aula Laboral 2005, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Aula Laboral 2005, S.L., a que lle aboe á demandante a cantidade de 2.362,58 euros líquidos polos salarios devindicados nos meses de xullo e agosto de 2012, incrementados no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 6.216 euros como indemnización por extinción de contrato.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 4757 0000 código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporala a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o interesado de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Aula Laboral 2005, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de outubro de 2013

A secretaria xudicial