Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43610

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1365/2012).

Nº autos: procedemento ordinario 1365/2012.

Demandante: Fundación Laboral de la Construcción.

Avogado: Adrián Núñez Fernández.

Demandada: Jubean Constructora, S.L.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1365/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Jubean Constructora, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza con data do 8 de outubro de 2013, cuxa resolución di literalmente:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Fundación Laboral de la Construcción contra a entidade Jubean Constructora, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Jubean Constructora, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 202,76 euros solicitada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o interesado de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Jubean Constructora, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de outubro de 2013

A secretaria xudicial