Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 24 de outubro de 2013, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-S-31/2013, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro) notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a incoación do expediente sancionador OU-S-31/2013, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Advírteselle aos titulares dos establecementos denunciados que, de conformidade co artigo 13.2 do Real decreto 1398/1993, para o caso de non efectuar alegacións no prazo de quince días, e tendo en conta que o devandito acordo contén un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade que se lle imputa, poderá ser considerado como proposta de resolución.

Ourense, 24 de outubro de 2013

Manuela Penín López
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-31/2013.

Titular sancionado: Víctor Manuel Muñoz Alcántara.

Establecemento: Onde Queiras.

Domicilio: Castor Elices, 20.

Localidade: Celanova.

Incoación: 10 de setembro de 2013.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción proposta: douscentos (200) euros, sen prexuízo do que poida resultar na fase instrutora.