Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 24 de outubro de 2013, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador OU-S-14/2013, por infracción leve en materia de turismo.

Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro) notifícaselle á persoa que no anexo se relaciona a resolución do expediente sancionador OU-S-14/2013, da xefa da Área Provincial de Turismo de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

A interesada poderá recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias da Área Provincial de Turismo, rúa Curros Enríquez, 1-3º andar, Ourense.

Contra a dita resolución, que non esgota a vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, todo iso, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, debendo aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior, por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias do Servizo de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

Ourense, 24 de outubro de 2013

Manuela Penín López
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-14/2013.

Titular sancionado: Daniel Andrade Fonseca.

Establecemento: Yet Set.

Domicilio: Praza Alameda, 23.

Localidade: Verín.

Resolución: 19 de setembro de 2013.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) e 109.2.e) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: douscentos (200) euros.