Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43394

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (325/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 325/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio María Rosas Alonso contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza 574/2013.

Xulgado do Social número 2 da Coruña.

A Coruña, 9 de setembro de 2013.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo nº 325/2011 seguidos por instancia de Julio Mª Rosas Alonso, asistido polo letrado David Pena Díaz, contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que a parte demandante antes citada formulou demanda que correspondeu a este xulgado contra as demandadas xa mencionadas, en que despois de expor os feitos e fundamentos de dereito que considerou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza en que, con estimación da demanda condenase a demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 1.549,60 euros.

Segundo. Que, admitida a demanda a trámite, convocáronse as partes aos actos de conciliación e xuízo que tiveron lugar coa asistencia da parte demandante que ratificou a súa demanda. Non comparecen as demandadas malia seren citadas en legal forma. Recibido o xuízo a proba, a parte demandante propuxo interrogatorio solicitando que se considere a empresa confesa por mor da súa incomparecencia e documental co resultado que figura en autos. Seguidamente a parte demandante fixo uso da palabra para conclusións en apoio das súas peticións e quedou o xuízo visto para sentenza.

Terceiro. Na tramitación deste xuízo observáronse as prescricións legais vixentes.

Feitos probados.

Primeiro. O demandante presta os seus servizos para a empresa demandada desde o 15 de xuño de 1997 con categoría vixilante de seguridade e un salario mensual de 1.544,74 euros.

Segundo. A empresa debe en concepto de horas extraordinarias realizadas en xaneiro e febreiro de 2010 a cantidade de 1.549,60, cantidade desagregada no feito segundo da demanda e que damos por reproducido.

Terceiro. Tivo lugar acto de conciliación ante o SMAC o día 11 de febreiro de 2011, co resultado de sen efecto.

Fundamentos de dereito.

Único. Que xa que a empresa demandada citada en legal forma non compareceu aos actos de conciliación e xuízo e o demandante demostrou a relación laboral, procede estimar as cantidades reclamadas e, en consecuencia, declarar que a empresa lle debe ao demandante as cantidades e polos conceptos que se especifican na demanda, e debe ser condenada ao seu aboamento, pois ao demandante lle basta con acreditar a relación laboral para que xurda o dereito ao salario, e á empresa algún feito impeditivo, extintivo ou excluínte, o cal non verificou.

Vistos os preceptos legais de pertinente aplicación,

Resolvo.

Que estimando a demanda interposta polo demandante contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., debo condenar e condeno a esta a que lle aboe a cantidade de 1.549,60 euros. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de outubro de 2013

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial