Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43397

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (267/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 267/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Esther Moure Liste contra a empresa Kapuy, S.C., Mercedes Martínez Rey e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

Sentenza.

A Coruña, 1 de xullo de 2013.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo 267/2011, seguidos por instancia de María Esther Moure Liste, representada polo letrado Sr. Pousa Meréns, fronte a Kapuy, S.C. e Mercedes Martínez Rey, con intervención procesual do Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo María Esther Moure Liste fronte a Kapuy, S.C. e Mercedes Martínez Rey e, en consecuencia, debo condenar e condeno as demandadas, con carácter solidario, a que aboen á parte actora a cantidade de 2.440,20 euros.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

E para que sirva de notificación en legal forma a Kapuy, S.C. e Mercedes Martínez Rey, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de outubro de 2013

A secretaria xudicial