Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43398

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (732/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 21.3.2013, no proceso seguido por instancia de Patricia Barbeito Pose contra JVB, Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., Acumula, S.A., Corte Inglés e Fogasa, en reclamación por cantidade, rexistrouse co número 732/2010 e acordouse notificar a JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L. a resolución de sentenza seguinte:

«Resolvo que estimando parcialmente a demanda interposta por Patricia Barbeito Pose, que comparece asistida polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, contra a empresa Acumula, S.A., que comparece asistida pola letrada Sra. Bregua López, contra a empresa El Corte Inglés, S.A., que comparece representada pola letrada Sra. Varela Miras e o Fogasa, que non comparece, debo declarar e declaro que procede parcialmente, condenando a JVB Servicios Logísticos a que lle aboe á demandante a suma de 1.188,85 euros, coa responsabilidade solidaria de El Corte Inglés ata a cifra de 1.055,80 euros.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades, nos termos establecidos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que, en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Publicación. A anterior resolución leuna e publicouna a xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nela indicados. Dou fe».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, salvo as que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 16 de outubro de 2013

A secretaria xudicial