Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43400

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (424/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 424/2013 por instancia de Maritza Virgili Stable contra a empresa Julio Javier Manteiga Cacheiro sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 3 de setembro de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que se estima parcialmente a demanda interposta por Maritza Virgili Stable contra a empresa Julio Javier Manteiga Cacheiro e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Julio Javier Manteiga Cacheiro, á demandante.

– Condénase a empresa Julio Javier Manteiga Cacheiro a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 381,15 euros. O aboamento desta indemnización determina a extinción do contrato de traballo. En caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata esta resolución, ascenden a 1.295,91 euros, aos que se lles terán que engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 8,47 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Julio Javier Manteiga Cacheiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 9 de outubro de 2013

A secretaria xudicial