Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43360

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de outubro de 2013 pola que se modifica a autorización do Centro de Estudios Marcote, do concello de Vigo (Pontevedra).

O representante da titularidade do Centro de Estudios Marcote, do concello de Vigo, solicita a supresión dun ciclo formativo de grao superior (CS) son para audiovisuais e espectáculos; e a autorización do ciclo formativo de grao medio (CM) vídeo, disc-jockey e son.

Logo da tramitación do expediente, de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.

1. Suprimir un ciclo formativo de grao superior de son para audiovisuais e espectáculos no Centro de Estudios Marcote, de Vigo.

2. Autorizar o ciclo formativo de grao medio de vídeo, disc-jockey e son, no centro privado que se detalla:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Centro de Estudios Marcote.

Código: 36019116.

Enderezo: avenida da Ponte, 82.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Centro de Estudios Marcote, S.L.

Composición resultante:

Bacharelato: 4 unidades, das modalidades de:

• Ciencias e tecnoloxía.

• Artes.

Formación profesional:

• 1 CM laboratorio de imaxe (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CM caracterización (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CM vídeo, disc-jockey e son (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS animacións 3D, xogos e contornos interactivos (2 unidades, 30 alumnos/as unidade).

• 1 CS iluminación, captación e tratamento de imaxe (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS iluminación, captación e tratamento de imaxe (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS produción de audiovisuais e espectáculos (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS realización de proxectos audiovisuais e espectáculos (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS son para audiovisuais e espectáculos (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria