Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43362

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 22 de outubro de 2013 pola que autoriza o traslado de instalacións e a ampliación de 2 unidades no centro privado de educación especial Aspace, do concello de Sada (A Coruña).

O representante da titularidade do centro privado de educación especial Aspace, do concello de Sada, solicita a ampliación de 2 unidades e o traslado das instalacións a un edificio situado dentro do recinto do complexo asistencial no que están situadas as 6 unidades autorizadas e en funcionamento na actualidade, na r/ Casteliño, 24 do concello de Sada (A Coruña).

Logo da tramitación do expediente, de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o traslado de instalacións e a ampliación de 2 unidades no centro privado que se detalla:

Denominación xenérica: centro privado de Educación Especial.

Denominación específica: Aspace.

Código do centro: 15021950.

Domicilio: r/ Casteliño, 24.

Localidade: Osedo.

Concello: Sada.

Provincia: A Coruña.

Titular: Asociación de Niños Paralíticos Cerebrales (Aspace).

Composición resultante: 8 unidades de educación especial.

Segundo. Para a posta en funcionamento da unidade que se amplía a Xefatura Territorial da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria