Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 10 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2009/0128-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, por esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2009/0128-4.

Acta: I362009000011987.

Empresa: Galeserga Servicios Generales de Galicia, S.L.

DNI/NIF: B-36897072.

Enderezo: República Argentina, 22, 1, entresollado, oficina 3, Vigo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 3.1 do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, en relación co anexo I.1.3, 1.8, así como o artigo 3.4 en relación co anexo II.1.4, 1.5, e artigo 5 da mesma norma.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16.b), 39.3.a), b), c) e h) e 40.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 4.10.2013.

Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción e proceder ao arquivamento do expediente.

Fáiselles saber aos interesados que poden formular recurso de alzada, perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 10 de outubro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo