Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a publicación da notificación de expediente de sanción por infracción na orde social.

Notifícaselles, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a continuación se relacionan, ao non podérselles notificar por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes de sanción por infraccións no ámbito da seguridade e saúde laboral; o seu enderezo, número de expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse a seguir:

Empresa

Domicilio

NIF

Nº exp.

Contía

Disp. infrinxida

Xafel, S.L.

Barrio da Fervedoira, s/n, Lugo

B27107499

22/2010

3.000 €

Art. 17.1.a) e 19.1 da Lei 31/1995. Arts. 3.4 e 5 do Real decreto 1215/1997

Contra esta resolución poderá interpor a interesada recurso de alzada, polo conduto desta xefatura territorial, perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírteselle que de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta a través de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, xa que, noutro caso, se procederá á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 27 de agosto de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo