Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se acepta o acordo entre as comunidades dos montes veciñais en man común de Carqueixal e A Costa, no concello de Xunqueira de Espadanedo (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do día 3 de outubro de 2013, en relación co acordo entre as comunidades dos montes veciñais en man común de Carqueixal (pertencente a Reboreda e San Pedro) e A Costa (pertencente a Reboreda, San Pedro, Carbuíz e Espadanedo), no concello de Xunqueira de Espadanedo (Ourense), unha vez examinada a documentación presentada e co informe favorable do Servizo de Montes, resolveu aceptar o acordo previamente acadado polas respectivas comunidades referente á súa unificación nunha soa e nun único monte denominado Carqueixal e A Costa, ordenando a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos do disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta resolución, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 15 de outubro de 2013

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense