Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia a aprobación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Val-Bermés-Sello (Lalín).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Val-Bermés-Sello (Lalín, Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 208/2008, do 4 de setembro (DOG nº 181, do 18 de setembro), que a xunta local da zona, na súa reunión do 23 de agosto de 2011, unha vez introducidas as modificacións oportunas, á vista do resultado da enquisa das bases provisionais, aprobou as bases definitivas, que lle serán notificadas individualmente a cada un dos afectados e que estarán expostas ao publico no Concello de Lalín e na zona, durante o prazo de trinta días, de conformidade co establecido na Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

Os documentos que se poden examinar no Concello refírense á determinación do perímetro, á clasificación de terras, á fixación dos coeficientes que servirán de base para facer as compensacións que sexan necesarias e á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das cales se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural e do Mar dentro do prazo de trinta días, que contarán desde a notificación persoal ou publicación substitutiva. Os recursos poderán presentarse nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo, rúa Fernández Ladreda, 43, Pontevedra), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Pontevedra, 16 de outubro de 2013

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra