Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 1 de outubro de 2013 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións dos viveiros Fumo VIII, Portela F e Otero I.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión dos viveiros Fumo VIII, Portela F e Otero I e das concesións administrativas que os amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escritos do 23 de agosto de 2013, Bernardo Álvarez López (36096879N), en nome de Bernardo Álvarez Iglesias (35857102X), solicitou autorización para transmisión das concesións dos viveiros Fumo VIII, Portela F e Otero I.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características dos viveiros e do Servizo Técnico-Xurídico sobre a tramitación dos expedientes son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver os expedientes, de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, de pesca de Galicia, e a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Bernardo Álvarez López (36096879N), das concesións que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Fumo VIII.

Localización:

Cuadrícula nº: 1.

Polígono: A.

Distrito: Vigo (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 8.3.1967.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Bernardo Álvarez Iglesias (35857102X).

Novo titular: Bernardo Álvarez López (36096879N).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Portela F.

Localización:

Cuadrícula nº: 37.

Polígono: A.

Distrito: Vigo (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 4.6.1959.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Bernardo Álvarez Iglesias (35857102X).

Novo titular: Bernardo Álvarez López (36096879N).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Otero I.

Localización:

Cuadrícula nº: 15.

Polígono: G.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 9.12.1960.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Bernardo Álvarez Iglesias (35857102X).

Novo titular: Bernardo Álvarez López (36096879N).

O novo titular subrógase nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 1 de outubro de 2013

Por delegación de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar de Vigo