Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42824

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 14 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013136AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

O 26 de setembro de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2013136AL-LU, incoado a Mary Avila Rodríguez, titular do establecemento Pastelería Uvepan.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Mary Avila Rodríguez, titular do establecemento Pastelería Uvepan, o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no numero 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lémbraraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, nº 9, Lugo, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle tamén que de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 14 de outubro de 2013

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2013136AL-LU.

Denunciada: Mary Avila Rodríguez, titular do establecemento Pastelería Uvepan.

NIF: X5405034B.

Último enderezo coñecido: rúa Conde, núm. 20, 27003 Lugo (Lugo).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigos 5.1 e 5.4 e punto 1 do capítulo XII do anexo II do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigo 4 do Decreto 290/2003, do 4 de xuño, polo que se fixan as normas relativas á formación de manipuladores de alimentos, o procedemento de autorización de empresas e entidades de formación e se crea o rexistro delas.

– Artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: trescentos euros (300,00 €).