Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 14 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013130AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

O 24 de setembro de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2013130AL-LU, incoado a Jorge Luis González Ordóñez, titular do establecemento Restaurante La Caracola.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Jorge Luis González Ordóñez, titular do establecemento Restaurante La Caracola, o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no numero 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo nº 9 de Lugo, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle tamén que de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 14 de outubro de 2013

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2013130AL-LU.

Denunciado: Jorge Luis González Ordóñez, titular do establecemento Restaurante La Ca-racola.

NIF: X4644226C.

Último enderezo coñecido: rúa Emilia Pardo Bazán, núm. 12, 27780 Foz (Lugo).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigos 5.1 e 5.4 e puntos 2.a), 5 e 9 do capítulo I do anexo II do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigo 10.1 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas.

– Artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galcia.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: cincocentos euros (500,00 €).