Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42551

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (578/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 578/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Montaos Ferreiro contra as empresas Vázquez Carollo, S.L., Panadería Pablo, S.L., Churume, S.L., se ditou sentenza, cuxa resolución di literalmente:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Santiago Montaos Ferreiro contra as mercantís Vázquez Carollo, S.L., Panadería Pablo, S.L., Churume, S.L. contra Beatriz Borrajo Dios e Jorge Borrajo Dios, na súa condición de administradores concursais, e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, condeno conxunta e solidariamente as mercantís Vázquez Carollo, S.L., Panadería Pablo, S.L. e Churume, S.L. a lle aboar ao demandante a suma de 4.275,23 euros en concepto de salarios devindicados nos meses de decembro de 2009 e febreiro e marzo de 2010, máis o 10 % desa cantidade por demora no pagamento. Así mesmo, condeno a Beatriz Borrajo Dios e a Jorge Borrajo Dios na súa condición de administradores concursais.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da notificación desta resolución».

E para que sirva de notificación en legal forma a Vázquez Carollo, S.L., Panadería Pablo, S.L., Churume, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2013

A secretaria xudicial