Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42550

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (457/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 457/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iago García García contra Restaurante Los Bastones, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo ditame é o seguinte:

«Que considerando a demanda interposta por Iago García García, representado pola letrada Sra. Muñoz Meilán, contra a empresa Restaurante Los Bastones S.L., que non compareceu malia estar debidamente citada, e contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado Sr. Linares Ferrer, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento de que foi obxecto a parte demandante; e a extinción da relación laboral existente entre a parte demandante e a citada empresa demandada desde a data da presente resolución; así como debo condenar e condeno a empresa demandada a que indemnice a parte demandada coa cantidade de 724,9 euros. Sen prexuízo da responsabilidade que ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) lle corresponda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, coa advertencia de que contra esta cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o cal deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos nos artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social».

E para que lle sirva de notificación en forma a Restaurante Los Bastones, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 10 de outubro de 2013

O secretario xudicial