Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42549

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1362/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado tramítanse autos co número PO 1362/2012 por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Teijeiro Recarey, S.L., sobre cantidade, nos que o día da data se ditou sentenza cuya parte dispositiva di textualmente:

«Decisión.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo a Fundación Laboral de la Construcción, frente a entidade Teijeiro Recarey, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Teijeiro Recarey, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 208,49 euros solicitada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas».

E para que conste a para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Teijeiro Recarey, S.L. co apercibimento de que as sucesivas notificacións se farán nas dependencias do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de outubro de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial