Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42547

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 1058/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1508/2011.

Xulgado de orixe/autos: demanda 776/2010 Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Recorrente: Lucía Blanco Novas.

Avogada: Beatriz Lago Gómez.

Procuradora: María Dolores Luisa Villar Pispieiro.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Hermanos Massó, S.A.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1508/2011 desta sección, seguido por instancia de Lucía Blanco Novas contra a empresa Hermanos Massó, S.A., sobre xubilación, se ditou a seguinte resolución:

«Ditaminamos que con desestimación do recurso interposto por Lucía Blanco Novas, confirmamos a sentenza que con data 14.12.2010 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 dos de Vigo, e pola cal se rexeitou a demanda formulada e foi absolto o Instituto Nacional da Seguridade Social e a empresa Hermanos Massó.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, e unha vez firme expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro Público. Os termos, condicións e contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, modificada polo Real decreto lei 3/2013, do 22 de febreiro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (devindicación da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro, modificada pola Orde HAP/490/2013, do 27 de marzo.

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que lle sirva de notificación en forma a Hermanos Massó, S.A., con último domicilio coñecido en Vigo, r/ Praza de Compostela, 23, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 8 de outubro de 2013

A secretaria xudicial