Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42592

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de outubro de 2013, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 187/2013, no expediente de reposición da legalidade IU1/37/2011, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña, en relación co procedemento ordinario 187/2013, interposto por Fátima Remuiñan Paris e José Antonio Parcero Casas, contra a resolución desestimatoria do recurso potestativo de reposición, ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade IU1/37/2011, pola que se declaran ilegalizables as obras consistentes na división dun terreo en seis porcións e a posterior edificación de tres vivendas, unha edificación auxiliar, unha piscina e un invernadoiro no lugar de Faxón-O Seixal, parroquia de Bembibre, concello de Val do Dubra, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña.

Polo exposto, mediante esta resolución emprázanse a Alberto Pose Parente, David Souto Álvarez e Encarnación Parcero Cancela para que poidan comparecer como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística