Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de outubro de 2013 polo que se procede á notificación por comparecencia de resolucións ditadas nos expedientes dos contratos administrativos de clave OH.336.997 e OH.215.998.

En relación cos actos administrativos de notificación das resolucións polas que se consideran retiradas as proposicións presentadas pola empresa Roymer Obra Civil, S.L. e de requirimentos de documentación previa á adxudicación duns contratos administrativos ao segundo clasificado, de conformidade co establecido no artigo 151.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e, ante o resultado negativo de dous intentos de notificación destas resolucións, referidas nos contratos administrativos de clave OH.336.997 e OH.215.998 no enderezo sinalado pola citada empresa e no enderezo ao cal foron reexpedidas pola oficina de Correos as ditas notificacións falidas, e para que sirva de notificación das referidas resolucións, emprázase a dita empresa para que compareza ante a entidade pública Augas de Galicia, situada na rúa Doutor Maceira nº 18, baixo, en Santiago de Compostela, en horario de oficina, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Se transcorrido o dito prazo non tiver comparecido a interesada, a notificación dos actos administrativos a que se refire este anuncio entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, remitirase este anuncio de notificación por comparecencia ao concello do enderezo sinalado pola empresa para recibir as notificacións, Concello de Mos, e ao concello do enderezo ao cal foron reexpedidas pola oficina de Correos as notificacións non producidas, Concello de Redondela, para que procedan á colocación nos seus respectivos taboleiros de anuncios da notificación das resolucións polas que se consideran retiradas as proposicións presentadas pola citada empresa e dos requirimentos de documentación previa á adxudicación ao segundo clasificado, ata o día que venza o prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia