Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de obra pública complementaria de colector xeral do río Furnia (Tui e Tomiño).

A Dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade, e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

Tipo de contrato: obra complementaria.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: negociado sen publicidade cun único criterio de adxudicación (prezo) conforme o artigo 171.b) do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

2. Obxecto do contrato: obra.

Descrición: colector xeral do río Furnia en Tui e Tomiño (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.909.C1.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación de licitación: sen publicidade.

Data de adxudicación: 25 de setembro de 2013.

Importe de adxudicación: importe neto: 212.667,58 euros. Importe total 257.327,77 euros.

Data de formalización do contrato: 30 de setembro de 2013.

Contratista: Antalsis, S.L. (contratista da obra principal).

3. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada ao licitador invitado e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do citado texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia