Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de outubro de 2013 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística COR/102/2013.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 24 de setembro de 2013, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a Georg Hrihor e a Cornelia Raffaela Hrihor Geb Schmidt en relación coas actuacións realizadas en solo rústico sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na instalación dunha vivenda prefabricada no lugar do Castelo, Xuño, no termo municipal de Porto do Son, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles para alegaren e presentaren os documentos e informacións que xulguen pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística