Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 9 de outubro de 2013, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00404-O-2013 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Infórmaselles que teñen dereito a alegar por escrito ante este Servizo de Mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte do interesado e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Ourense, 9 de outubro de 2013

P.D. (Resolución 30.8.2013)
Gerardo Álvarez Reza
Xefe accidental do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción proposta

OU-00404-O-2013

5134-CZJ

Garda Civil 3201 I12849B

Transportes Urgentes Raca 2, S.L.

B84670132

Rúa Pirra 28-2º B

28022 Madrid

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar.

4.3.2013; 17.48; A52; 229

Art. 140.35 da LOTT

Art. 143.1.g) da LOTT

1.001 euros

OU-00745-O-2013

4670-GMJ

Garda Civil 3201 M30803D

Marconsa Grupo Empresarial, S.L.

B36329910

Ande-Rubiáns

36619 Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non ter os documentos impresos ao inicio e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou en caso de que esta non conste en poder seu.

18.4.2013; 19.44; A-52; 202

Art. 140.22 da LOTT

Art. 143.1.h) da LOTT

2.001 euros

OU-00747-O-2013

4670-GMJ

Garda Civil 3201 M30803D

Marconsa Grupo Empresarial, S.L.

B36329910

Ande-Rubiáns

36619 Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar.

18.4.2013; 19.27; A-52; 202

Art. 140.35 da LOTT

Art. 143.1.g) da LOTT

1.001 euros

OU-00776-O-2013

3415-FRX

Garda Civil 3203 T10323A

Vifor Producciones, S.L.

B36323533

As Angustias (Sanguiñeda) 80

36415 Mos

Pontevedra

O exceso igual ou superior ao 15 % e inferior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 17 %.

5.5.2013; 12.25; A-52; 132

Art. 141.2 da LOTT

Art. 143.1.f) da LOTT

850 euros

OU-00777-O-2013

3415-FRX

Garda Civil 3203 T10323

Vifor Producciones, S.L.

B36323533

As Angustias (Sanguiñeda) 80

36415 Mos

Pontevedra

Levar o reloxo do tacógrafo marcando unha hora distinta á do país de matriculación ou á real sempre que iso impida a lectura adecuada das actividades do condutor.

5.5.2013; 12.35; A-52; 132

Art. 140.33 da LOTT

Art. 143.1.g) da LOTT

1.001 euros