Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 22 de outubro de 2013, da Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sobre notificación por comparecencia para a entrega dun informe definitivo de control financeiro sobre unha subvención percibida por un beneficiario.

A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en execución do Plan de control financeiro 2007, aprobado de conformidade co disposto no artigo 107 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG núm. 214, do 5 de novembro), e de acordo co previsto no artigo 94 do dito texto e no artigo 42 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), está realizando un control financeiro a Promocións Culturais Galegas, S.A., en relación coa subvención percibida sobre edición en lingua galega de libros de texto para niveis non universitarios en formatos visuais sobre soportes impresos, financiada con fondos propios.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio faise saber:

1. Que, unha vez intentada a notificación do informe definitivo de control financeiro a Promocións Culturais Galegas, S.A., non foi posible efectuala.

2. Que, por medio do presente anuncio, se pon de manifesto que Promocións Culturais Galegas, S.A. ou persoas debidamente autorizadas deberán comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas desta Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sita no Edificio San Caetano s/n, bloque nº 3 (Intervención Xeral da Comunidade Autónoma-Consellería de Facenda), de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas, co obxecto de facerlles entrega do informe definitivo de control financeiro efectuado a Promocións Culturais Galegas, S.A.

3. Que se rematado o prazo sinalado non tivesen comparecido, a notificación entenderanse producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo para comparecer.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2013

Jacinto Álvarez Somoza
Subdirector xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións