Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42431

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (958/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 958/2010 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Antonio Calviño Dafonte contra Croissantería Embrujo, Carmen Vieito Pérez e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

Sentenza:

A Coruña, 8 de outubro de 2013

Milagritos Belso Sempere, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 desta cidade, viu estes autos de xuízo 958/2010 seguidos por instancia de Antonio Calviño Dafonte, asistido polo letrado Abel González Torres, contra Croissantería Embrujo e Carmen Vieito Pérez, que non comparecen, con intervención do Fogasa, representado por letrado, sendo o obxecto da reclamación cantidade; e

Resolvo:

Que estimando parcialmente a demanda interposta por Antonio Calviño Dafonte contra a empresa Croissantería Embrujo, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de catro mil cincocentos corenta euros nos conceptos anteriormente referidos, condenando a referida empresa ao aboamento da dita cantidade.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229. 1 a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Carmen Vieito Pérez e Croissantería Embrujo, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de outubro de 2013

A secretaria xudicial