Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42430

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (295/2013).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Jorge Cid Carballo, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos de xuízo verbal, seguidos co número 295/2013-1, por instancia de FCE Bank PLC Sucursal en España, representado pola procuradora Soledad Sánchez Silva e asistido do letrado Carlos Etcheverría Hermida, contra Jesús Moure Couto, declarado en rebeldía.

Resolvo estimar a demanda interposta pola procuradora Soledad Sánchez Silva, en nome e representación da entidade FCE Bank PLC Sucursal en España, contra Jesús Moure Couto, debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de novecentos oitenta e nove euros con setenta e sete céntimos (989,77 €), máis os xuros legais desde a data de presentación da demanda. Todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada.

Esta sentenza é firme, xa que contra ela non cabe recurso ningún, conforme o establecido no artigo 455 da LAC.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando nesta instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Jesús Moure Couto, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2013

Mª Manuela García Jalón de la Lama
Secretaria xudicial