Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se amplía á entidade Enmacosa, S.A. a súa actuación como organismo de control nos campos regulamentarios Aparellos-equipamento de presión e Incendios: seguranza contra incendios en establecementos industriais.

Antecedentes:

Primeiro. A Resolución do 30 de maio de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se modifican as autorizacións de actuación aos organismos de control, no ámbito da seguranza industrial na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve autorizar a Enmacosa, S.A. como organismo de control para a realización de inspeccións en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia nos campos regulamentarios seguintes:

Instalacións:

• Aparellos elevadores: ascensores.

• Instalacións térmicas nos edificios.

• Regulamentación eléctrica: alta tensión.

• Regulamentación eléctrica: baixa tensión.

Segundo. Con data do 6 de setembro de 2013, a Comisión de Acreditación C.A. 40/13, da Entidade Nacional de Acreditación (Enac), acorda ampliar o alcance da acreditación nº OC-I/083, de Enmacosa, S.A. para os campos regulamentarios Aparellos-equipamento de presión (RD 2060/2008) e Incendios: seguranza contra incendios en establecementos industriais (RD 2267/2004). Este acordo queda reflectido na revisión 9 do 6.9.2013, do seu anexo técnico.

Terceiro. De acordo co artigo 2 do Decreto 54/2011, do 24 de marzo, polo que se regula a autorización e a actuación dos organismos de control en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia, o 16 de setembro de 2013, Manuel Gregorio Miranda Cadórniga, en nome e representación de Enmacosa, S.A., con NIF A36039956 e con domicilio social en Torre 2C-Adina, no concello de Sanxenxo (Pontevedra), presenta a solicitude de ampliación da autorización como organismo de control nos campos regulamentarios de Aparellos-equipamento de presión e Incendios: seguranza contra incendios en establecementos industriais. Para tal efecto achega a documentación exixida no artigo 2 do antedito decreto.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para adoptar esta resolución, tendo en conta as seguintes consideracións:

a) Enmacosa, S.A. iniciou a súa actividade como organismo de control na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Os campos regulamentarios para os cales se solicita autorización pertencen ao ámbito material da seguridade industrial.

c) O establecido no Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial, e no Decreto 54/2011, do 24 de marzo, polo que se regula a autorización e a actuación dos organismos de control en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda. Como consecuencia das sentenzas do Tribunal Supremo do 29.6.2011 e do 27.2.2012, víronse afectados tanto a Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, modificada pola Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, como o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguranza industrial, aprobado polo Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro e modificado polo Real decreto 338/2010, do 19 de marzo.

Por este motivo, examináronse as citadas sentenzas no Consello de Coordinación de Seguridade Industrial, entre o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e as comunidades autónomas, co acordo de comezar a tramitación de modificación das normativas legais citadas. En tanto non se publiquen as novas disposicións por parte do Ministerio, o Consello acordou que se actuase do seguinte xeito:

• Antes de comezar as súas actividades, os organismos de control deberán remitir unha declaración responsable á comunidade autónoma onde radique a súa sede social, de conformidade co disposto no artigo 4.2 e 4.3 da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, na redacción dada pola Lei 25/2009.

• Para os organismos de control cuxas actuacións deriven de normativa estatal, a exixencia de acreditación segue vixente e conforme os requisitos exixidos no artigo 42 do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, inda que matizados polas anteditas sentenzas do supremo.

As modificacións introducidas polas citadas sentenzas do Tribunal Supremo fixeron necesario modificar o Decreto 54/2011, do 24 de marzo, no tocante aos aspectos relacionados co procedemento de habilitación dos organismos de control para poder actuar nos ámbitos da normativa de seguridade industrial estatal. Actualmente esta modificación regulamentaria está en fase de tramitación administrativa para os efectos de mudar o réxime de autorización pola exixencia aos organismos de control de remitir unha declaración responsable antes de comezar as súas actividades.

Terceira. Tendo en conta o indicado na consideración segunda, e mentres non se publique no Diario Oficial de Galicia e entre en vigor a modificación correspondente do Decreto 54/2011, do 24 de mazo, que contemple a habilitación dos organismos de control por medio de declaración responsable, dítase esta habilitación provisional, co obxecto de non producir prexuízos económicos e non obstaculizar o acceso á prestación de servizos como organismos de control.

Cuarta. Consonte o disposto no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguranza industrial, a autorización outorgada a Enmacosa, S.A. terá validez para todo o ámbito do Estado, inda que esta, antes de actuar nunha comunidade autónoma distinta da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá notificar a súa intención ao ministerio competente en materia de industria.

Quinta. A documentación presentada por Enmacosa, S.A. acredita que a entidade cumpre coas exixencias establecidas no artigo 2 do Decreto 54/2011 para a súa actuación nos campos regulamentarios solicitados.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Habilitar provisionalmente a Enmacosa, S.A. para a realización de inspeccións no ámbito regulamentario da seguridade industrial, consonte o anexo técnico nº OC-I/083, ampliando o seu eido de actuación nos campos regulamentarios seguintes:

• Aparellos-equipamento de presión.

• Incendios: seguranza contra incendios en establecementos industriais.

Esta resolución pode ser suspendida ou revogada, ademais de nos casos considerados na lexislación vixente, cando o sexa a citada acreditación de Enac, e queda supeditada ao cumprimento das condicións seguintes:

a) Calquera ampliación dos campos regulamentarios de actuación ou dos documentos normativos correspondentes deberá seguir os trámites establecidos no artigo 2 do Decreto 54/2011, do 24 de marzo, para a súa autorización.

b) Enmacosa, S.A. deberá notificar no prazo máximo dun (1) mes, calquera modificación de datos que formen parte dos requisitos necesarios para a obtención da súa habilitación.

c) Enmacosa, S.A. deberá cumprir nas súas actuacións o establecido na Lei 21/1992, do 16 de xullo, no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, e no Decreto 54/2011, do 24 de marzo.

d) No momento en que entre en vigor a modificación do Decreto 54/2011, do 24 de marzo, citada na consideración segunda, Enmacosa, S.A. deberá cursar a declaración responsable correspondente no prazo máximo de 15 días contados desde o día en que entre en vigor. De non facelo, a presente habilitación provisional quedará automaticamente revogada.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao de recepción da correspondente notificación, ante o conselleiro de Economía e Industria, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas