Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2013/17-2, 8100 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Red Eléctrica de España, S.A.

Domicilio social: Pso. Conde de los Gaitanes, nº 177, 28109 Alcobendas.

Denominación: LSMT 20 kV S/C e CT servizos auxiliares CA da subestación Ludrio 400 kV de Ree.

Situación: concello de Castro de Rei.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV con orixe nunha cela de interruptor proxectada no proxecto «Centro de seccionamento para servizos auxiliares SE Ludrio» (BEGASA) (expediente 8097 AT) e final nunha cela de liña do CT proxectado na ST Ludrio, cunha lonxitude de 50 metros en condutor RHZ1-150.

– CT ST Ludrio en edificio prefabricado tipo PFU-4, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección por fusible e unha de medida, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000V/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 13 de setembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo