Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 11 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do expediente 269/12 de reclamación de responsabilidade patrimonial.

O 2 de setembro de 2013, a conselleira de Sanidade ditou resolución da reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por María José Bucci Castaldi o 19 de xaneiro de 2011.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a María José Bucci Castaldi o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

E, como consonte co artigo 61 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, a publicación da resolución de responsabilidade patrimonial pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, esta cédula limítase á publicación, como anexo, dunha breve indicación do contido do acto e do lugar onde a interesada poderá comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do devandito acto e constancia de tal coñecemento.

Así mesmo, lémbraselle que contra a resolución que pola presente cédula se notifica, que pon fin á vía administrativa, de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderá interpor recurso contencioso-administrativo, de acordo co que establece o artigo 14.1., na súa regra segunda, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (modificada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual). O prazo será de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2013

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº expediente: 269/12.

Reclamante: María José Bucci Castaldi.

DNI/NIF: 48113651-C.

Último enderezo coñecido: A Coruña, lugar de San Cristovo das Viñas, nº 41, alto, 15008 A Coruña.

Contido da notificación: resolución da reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por María José Bucci Castaldi polos supostos danos que lle foron ocasionados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: 15 días.