Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo correspondente ao expediente de contratación 2013.09.FC.A-Servizo para o seguimento e control das accións formativas dos plans de formación intersectoriais e sectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2012, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para o seguimento e control das accións formativas dos plans de formación intersectoriais e sectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas.

c) Tipo de fondo: cofinanciado polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

3. Tramitación e procedemento: ordinario e aberto.

4. Orzamento base de licitación: cento noventa e tres mil trescentos cincuenta euros (193.350,00 €) máis corenta mil seiscentos tres euros con cincuenta céntimos de euro (40.603,50 €) correspondentes ao 21 % de IVE, o que suma un importe total de douscentos trinta e tres mil novecentos cincuenta e tres euros con cincuenta céntimos de euro (233.953,50 €).

5. Adxudicación.

a) Data: 26 de setembro de 2013.

b) Contratista: UTE Eosa Auditgal Formación Continua 2012-2013.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: noventa mil oitocentos cincuenta e cinco euros con dezasete céntimos de euro (90.855,17 €), máis dezanove mil setenta e nove euros con cincuenta e nove céntimos de euro (19.079,59 €) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de cento nove mil novecentos trinta e catro euros con setenta e seis céntimos de euro (109.934,76 €).

6. Formalización: 4 de outubro de 2013.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar