Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo correspondente ao expediente de contratación 2013.78, lote 1-Servizo por lotes para a impartición de accións formativas para a recualificación profesional en sectores distintos ao metal e auxiliar do naval no marco do proxecto FEAG-EMPREGANAV, lote 1: polimantedor industrial.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2012, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a impartición de accións formativas para a recualificación profesional en sectores distintos ao metal e auxiliar do naval no marco do proxecto FEAG-EMPREGANAV, lote 1: polimantedor industrial.

c) Tipo de fondo: cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) nun 65 %, tal como establece a Decisión da Comisión Europea do 14.11.2012 pola que se concede unha contribución financeira para financiar medidas activas do mercado laboral despois dos despedimentos que se produciron en Galicia en empresas do sector metal e auxiliares do naval.

3. Tramitación e procedemento: ordinario e aberto.

4. Orzamento base de licitación: lote 1: polimantedor industrial: cento tres mil setecentos sesenta euros con trinta e tres céntimos de euro (103.760,33 €). Este importe está exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

5. Adxudicación:

a) Data: 3 de outubro de 2013.

b) Contratista: Fundación Galega do Metal para a Formación, Cualificación e o Emprego (Formega).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: lote 1: polimantedor industrial: oitenta e oito mil cento noventa e seis euros con vinte e nove céntimos de euro (88.196,29 €) exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

6. Formalización: 4 de outubro de 2013.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar