Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 28 de outubro de 2013 Páx. 42311

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (585/2011).

Número de autos: procedemento ordinario 585/2011 F.

Demandante: José Manuel da Silva López.

Avogada: Lidia Vázquez Méndez.

Demandados: empresa Luis Roberto Aldana Castañeda, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 585/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Manuel da Silva López contra a empresa Luis Roberto Aldana Castañeda, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Sentenza: 536/2013.

Procedemento: autos número 585/2011.

A Coruña, 3 de outubro de 2013.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 585/2011, seguidos por instancia de José Manuel da Silva López, representado pola letrada Sra. Vázquez Méndez, contra a empresa Luis Roberto Aldana Castañeda, con intervención procesual do Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que a parte demandante antes citada formulou demanda, que corrrespondeu por quenda e foi recibida neste xulgado con data 6 de xuño de 2011, contra a demandada xa mencionada, na cal, despois de expor os feitos e fundamentos que considerou pertinentes, remataba suplicando que se dite sentenza pola que se condene a empresa ao aboamento á parte demandante da cantidade de 4.198,47 euros, e o 10 % de xuros por mora das cantidades salariais debidas.

Segundo. Que admitida a trámite a demanda foron convocadas as partes aos actos de conciliación e xuízo que tiveron lugar coa asistencia da parte demandante, e non compareceu a demandada nin Fogasa malia seren citados en legal forma. Ratificada a demanda, foi recibido o xuízo a proba e a parte propuxo interrogatorio de parte e documental, e logo de declaración de pertinencia uníronse os documentos aos autos, co resultado que consta neles; a seguir as partes fixeron uso da palabra para conclusións en apoio das súas peticións e quedou o xuízo visto para sentenza.

Terceiro. Que na tramitación deste xuízo se observaron as prescricións legais vixentes.

Feitos probados.

Primeiro. A parte demandante prestou servizos para a empresa demandada desde o 11.2.2010 coa categoría de oficial de 1ª, percibindo un salario diario de 48,12 euros con inclusión do rateo de pagas extraordinarias.

Segundo. A empresa débelle á parte demandante a cantidade de 4.198,47 euros por salarios de decembro de 2010, xaneiro de 2011 e 21 días de febreiro de 2011, así como vacacións, todo iso segundo a desagregación que se recolle no feito segundo da demanda, que se dá por reproducido.

Terceiro. Tivo lugar acto de conciliación previa ante o SMAC, co resultado de intentado sen efecto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A anterior relación fáctica despréndese da valoración conxunta da proba practicada en autos para os efectos do artigo 97.2 LPL/LRXS, e así da documental achegada pola demandante, comprensiva de sentenza de despedimento do 9.11.2011 deste Xulgado do Social número 2 da Coruña, todo iso sen prexuízo do que se expresa a continuación sobre a valoración probatoria.

Segundo. No presente procedemento exerce a parte demandante reclamación de cantidade correspondente a salarios, parte proporcional de vacacións e indemnización por fin de contrato, pendentes no momento da extinción da relación laboral, sen comparecer a empresa demandada, correctamente citada.

Tendo en conta que o principio regulador da carga da proba nos supostos de reclamación de pagamento de cantidades por salarios devindicados e non percibidos determina que o reclamante veña obrigado a demostrar a prestación dos servizos cuxo pagamento reclama e, en consecuencia, a devindicación non satisfeita do salario correspondente a eles; e que é ao demandado, se exceptúa o pagamento ou calquera feito impeditivo ou extintivo, a quen incumbirá a carga de probar o dito pagamento ou calquera feito impeditivo ou extintivo –sentenzas do Tribunal Supremo do 13 de maio de 1986, 26 de xaneiro de 1988 e 2 de marzo de 1992–. A aplicación do onus probandi –coa consecuente imposición ao traballador da carga de acreditar o orzamento constitutivo da súa pretensión– determina a necesidade de que xustifique o empregador demandado o aboamento efectivo das retribucións reclamadas.

É polo que, correspondendo ao empresario probar o pagamento dos salarios reclamados –feitos extintivos–, logrando acreditar o traballador os feitos constitutivos da súa reclamación pecuniaria, tendo en conta a documental achegada e en aplicación dos artigos 304 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, e 91.2 da LPL/LRXS, debe térselle ante a súa non comparecencia e citación, cos apercibimentos correspondentes, por recoñecidos os feitos que constan na demanda, tanto relación laboral, categoría profesional, antigüidade, salarios, como cantidades devindicadas durante os últimos meses da súa relación laboral, pero igualmente do mesmo modo a falta de aboamento pola parte demandada.

Consecuencia da proba articulada, no suposto de autos acreditáronse nas actuacións os orzamentos constitutivos da obriga, todo o cal supón as obrigas contidas nos artigos 4.2.f) e 29.1º e 53.4 do Estatuto dos traballadores, en relación co artigo 122.3 da Lei reguladora da xurisdición social, correspondendo ao demandado a proba dos feitos que impidan, extingan ou enerven tales obrigas (artigos 217.3º e 281 da LAC); sen practicarse a dita proba, a demanda debe ser admitida, con obriga de aboamento das cantidades que se declararon probadas.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Ditame:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Manuel da Silva López fronte á empresa Luis Roberto Aldana Castañeda, con intervención do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á parte demandante a cantidade de 4.198,47 euros, incrementada co xuro do 10 % do artigo 29.3 do ET en canto a conceptos salariais.

Modo de impugnación: advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, expídase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Luis Roberto Aldana Castañeda, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de outubro de 2013

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial