Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 28 de outubro de 2013 Páx. 42315

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 439/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

«Maxistrada xuíza: Carolina Nores Díaz.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2013.

Parte dispositiva:

Procede aclarar a sentenza do 27 de setembro de 2013 no sentido seguinte:

O feito probado primeiro quedaría redactado do seguinte modo:

«O demandante Luis Losada Cebey presta servizos na empresa demandada desde o 5 de abril de 2010, coa categoría profesional de oficial de primeira, presta os seus servizos como condutor en xornadas de 40 horas semanas e debe percibir segundo convenio un salario líquido mensual de 1.436,89 euros, con pagas extras rateadas (do cal 103,84 euros serían de complemento de transporte)».

O fundamento xurídico primeiro, parágrafo segundo, quedaría redactado do seguinte modo:

«En atención ao salario a demandante alega na demanda que percibía un salario mensual de 1.115,88 euros, pero que debería percibir segundo convenio a cantidade de 1.436,89 euros; Fogasa oponse alegando que, segundo a base de cotización, o salario debe ser de 1.264,20 euros. Segundo as táboas do convenio colectivo aplicable (construción), en atención á categoría profesional do demandante, oficial de primeira, correspóndelle en concepto de salario con rateo das pagas extras a cantidade de 1.436,89 euros mensuais (do cal 103,84 euros serían de complemento de transporte)».

O ditame no seu punto 2º quedaría redactado en atención á contía da indemnización do seguinte modo:

«2º. A indemnización segundo o disposto no número anterior sería de 6.189,575 €».

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta a miña resolución, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á demandada Excavaciones Migasa, S.L., por encontrarse en ignorado paradoiro, insírese o presente no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013

A secretaria xudicial