Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 28 de outubro de 2013 Páx. 42317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se dispón a notificación da resolución dos expedientes sancionadores por infracción en materia de espectáculos públicos PO-134/13 NL e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido notificar por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes de multa, por infracción en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Contra esta resolución poderán interpoñer os interesados recursos de alzada perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Nova Galicia Banco, facendo constar o número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Pontevedra, 3 de outubro de 2013

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº expte.

Precepto infrinxido

Último enderezo

Resolución

Villaborneira, C.B.

E27766849

PO-134/13 NL

Artigo 23.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Conde Torrecedeira, 103

36202 Vigo

Multa de 600 €

Juan Carlos Salgado González

36099122R

PO-180/13 NL

Artigo 23.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Cesáreo Vázquez, 51

36390 Vigo

Multa de 301 €

Rosendo Fernández Boullosa

77404693X

PO-237/13 NL

Artigo 23.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Castelao, 48, Arcade

36690 Soutomaior

Multa de 600 €