Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 25 de outubro de 2013 Páx. 42171

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1000/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1000/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Delfín Moldes Pintos contra a empresa Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel), Antonio Toca Carus, Manuel Sánchez Meilán, Luis Carlos Fernández Rosende e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Que non procede a aclaración instada pola parte.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún, ben que pode impoñerse recurso contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, xuíza maxistrada substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que lles sirva de notificación a Segaprel, S.L., Manuel Sánchez Meilán, Luis Carlos Fernández Rosende e Antonio Toca Carus, en paradoiro descoñecido, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2013

A secretaria xudicial