Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 25 de outubro de 2013 Páx. 42169

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (568/2011).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 568/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Cao Gaudeoso contra a empresa Ferralla Lois, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e a Administración concursal de Ferralla Lois, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e ditame di:

Sentenza:

Na Coruña o 2 de outubro de 2013.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 568/2011 seguidos por instancia de José Manuel Cao Gaudeoso, representado pola letrada Sra. Muíño Pose fronte a Ferralla Lois, S.L., que non comparece, con intervención procesual da Administración concursal da empresa e o Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por José Manuel Cao Gaudeoso fronte a Ferralla Lois, S.L., con intervención procesual da Administración concursal da empresa e o Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que aboe a parte demandante a cantidade de 5.300,52 euros, incrementada cos xuros moratorios do artigo 29.3 ET en canto a conceptos salariais.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ferralla Lois, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de outubro de 2013

A secretaria xudicial