Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 25 de outubro de 2013 Páx. 42172

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (51/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 51/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Vaamonde Villasenín contra a empresa Autos 33, S.A., APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L. e o Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda formulada por José Manuel Vaamonde Villasenín contra APV Motor, S.A., Autos 33, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento do demandante de que foi obxecto con efectos do 15 de febreiro de 2013, declaro resolta a relación laboral do demandante na data da presente resolución con condena a APV Motor, S.A., Millarent, S.L. e Sanrent, S.L. a pagar solidariamente 45.602,37 euros en concepto de indemnización.

Estimo parcialmente a acción de reclamación de cantidade e condeno a APV Motor, S.A., Millarent, S.L. e Sanrent, S.L. a aboar solidariamente ao demandante 7.524,6 euros.

Absolvo a Autos 33, S.A.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada-xuíza»

E para que sirva de notificación en legal forma á demandada Autos 33, S.A., por acharse en ignorado paradoiro, insírese o presente edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2013

A secretaria xudicial