Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 25 de outubro de 2013 Páx. 42197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se acepta a avinza celebrada entre as comunidades de montes veciñais en man común de San Mamede e Medo e San Mamede, no concello de Vilar de Barrio.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión celebrada no día 3 de outubro de 2012, en relación coa avinza sobre lindeiros, celebrada entre as comunidades de montes veciñais en man común San Mamede e Medo (pertencente a Arnuíde) e San Mamede (pertencente a Rebordechao), no concello de Vilar de Barrio (Ourense), examinada a documentación presentada con data 16.8.2005 e co informe favorable do Servizo de Montes, resolveu aceptar o acordo acadado previamente polas respectivas comunidades e ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do disposto na disposición transitoria décimo cuarta da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta resolución, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 7 de outubro de 2013

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense